MULLERES EN IGUALDADE DE TUI
SOBRE NÓS
Somos una asociación non gubernamental, de interés social, sen ánimo de lucro e creada no ano 2019 en Tui.
Dedicámonos a fomentar a concienciación, a educación e a defensa dos dereitos, traballando día a día por unha igualdade real entre mulleres e homes, co fin de superar as barreiras que perpetúan a desigualdade de xénero.
Loitamos pola defensa das liberdades, dereitos e intereses das mulleres e de persoas menores en calquera situación de desamparo.
¿QUÉ FACEMOS?
Ofrecemos atención integral (laboral, psicolóxica, xurídica...) ás mulleres en situación de exclusión social, vítimas de violencia machista e os seus descendentes.
Desenvolvemos programas de sensibilización, formación e prevención da violencia de xénero e en materia de igualdade.
Denunciamos toda discriminación cara á muller polo feito de selo e tamén de toda campaña informativa ou publicitaria que atente contra a súa dignidade.
Traballamos polo fomento do emprego e intermediación laboral de todas a mulleres.
Defendemos e reivindicamos propostas sobre a igualdade de oportunidades, facendo énfase nas mulleres que teñen dificultade para acceder a certos recursos, como poden ser as mulleres do rural.
Acompañamos a mulleres vítimas de trata e da explotación sexual, así como a súa integración na sociedade en igualdade de condicións, e fomentamos a súa participación en todos os sectores da vida pública.


