OS NOSOS CONTOS

En AMEI Tui apostamos pola creación de contos propios como ferramenta educativa para promover a igualdade desde a infancia. Estes materiais nacen da necesidade de ofrecer recursos próximos, atractivos e adaptados á realidade do noso alumnado, que contribúan a romper estereotipos, fomentar relacións sanas e previr a violencia de xénero.

Os nosos contos están elaborados por profesionais especializados en igualdade e educación, e presentan historias cun enfoque positivo, inclusivo e transformador. Cada publicación vai acompañada da súa guía didáctica, que facilita ao profesorado propostas de actividades, reflexións e dinámicas para traballar os valores do conto na aula dun xeito práctico e participativo.

Este proxecto reforza o noso compromiso cunha educación que forme persoas máis libres, críticas e respectuosas. A través da literatura infantil, contribuímos a construír unha sociedade máis igualitaria desde as primeiras idades.

Grazas á colaboración co Plan Social de ENCE, estes contos distribúense tamén en centros educativos de Marín, Poio e Pontevedra, ampliando o seu alcance e chegando a máis alumnado da nosa contorna.

AMEI TUI é beneficiaria do 𝗣𝗹𝗮𝗻 𝗦𝗼𝗰𝗶𝗮𝗹 𝗱𝗲 𝗘𝗻𝗰𝗲 de @enceenergiaycelulosa para o desenvolvemento do proxecto #ContosCoeducativosEnce

LA PRINCESA VALIENTE

A Princesa Valente presenta unha protagonista que desafía os roles tradicionais das princesas. Con determinación e espírito aventurero, ensina que a valentía non depende do xénero e que cada persoa pode perseguir os seus soños sen límites. Este conto axuda ao alumnado a cuestionar estereotipos, fomentar a confianza en si mesmos e promover unha visión inclusiva da sociedade.

LA LECCIÓN DE LUCAS

La Lección de Lucas presenta a historia dun neno que descobre a importancia de colaborar e asumir responsabilidades dentro da casa, o colexio e coa súa contorna. A través das súas experiencias, o alumnado aprende que todos e todas temos un papel activo na vida cotiá, promovendo a igualdade na distribución de tarefas e a cooperación. Este conto axuda a fomentar a corresponsabilidade, a solidariedade e o respecto mutuo desde idades temperás, complementado cunha guía didáctica para traballar estes valores na aula.

A capitá Lúa e o mar dos esteretipos

A Capitá Lúa é unha aventura mariñeira que invita ás nenas e nenos a descubrir que non existen tarefas, cores nin soños “de nenos” ou “de nenas”. A protagonista, Lúa, enfróntase ao Mar dos Estereotipos, un lugar onde as normas impostas limitan o que cada persoa pode ser. A través da súa valentía e do apoio da súa tripulación, o alumnado aprende que podemos vivir con liberdade, expresarnos sen medos e seguir o noso propio camiño.

Un conto pensado para traballar a igualdade, a autoestima e o pensamento crítico.